martes, 19 de xullo de 2016

Análise da semana do 4 ao 10 de xullo


Narón

Velaquí o tema máis importante desta semana. Na Xunta de Goberno Local 23/06/2016 se aprobaba unha Proposta de aceptación de subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas en risgo de exclusión social (RISGA). As bases de dita subvención aparecen descritas na ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a convocatoria para o ano 2016. Nestas bases, explícase que o obxectivo e subvencionar tódolos custes salariais correspondentes á contratación de persoas perceptoras da RISGA. O número de postos de traballo subvencionables dependía do número de perceptores de RISGA do Concello solicitante. No caso de Narón, e tras consultar os datos do IGE, sabemos que no 2014 contaba con 93 persoas perceptores desta renda de inserción. Polo tanto, e se non se rebasou a cifra de 100 persoas perceptoras, terían dereito a recibir subvención por 10 contratacións. Polo que sabemos, o Concello de Narón concorreu a esta subvención tras o acordo acadado na Xunta de Goberno Local do 18 de febreiro deste ano. Lamentablemente, non está publicada a acta da mesma, así que descoñecemos cantos postos de traballo se ofertaban, nin a súa duración.
O que sí sabemos pola acta da Xunta de Goberno Local do 23 de xuño é que a Xunta de Galicia, por resolución de data 24 de maio de 2016 resolveu conceder ao Concello de Narón o importe de 108.002,30€. A nota negativa do acordo acadado na Xunta de Goberno Local é que a esta suma, o Concello de Narón engadirá 2.636,90 €, é dicir, o 2,38% do total. Polo que se ve, a aposta orzamentaria do Concello neste sentido é bastante "cutre".

A pregunta agora é, ¿qué beneficiarios de RISGA teñen dereito a concorrer a algún destes contratos, e cómo se realizará a selección? As bases, no seu artigo 10,  son moi clarificadoras:

As contratacións deberán cumprir os seguintes requisitos:


a) En todo caso, as contratacións polas que se conceda a subvención, deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades locais.


b) Con independencia da duración do contrato, o período de contratación subvencionable será de sete meses e a xornada de traballo será como máximo do 75 %, non podendo en ningún caso ser inferior ao 50 %, e deberá iniciarse no prazo máximo dun mes desde a data de notificación da resolución pola que se conceda a subvención.


c) A selección de traballadores e traballadoras que se contraten será realizada por un grupo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da entidade beneficiaria, que actuará de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.


d) Os traballadores e traballadoras que se contraten deberán ser en todo caso persoas perceptoras da Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato. Terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras da Risga que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral e os maiores de 45 anos e os que teñan cargas familiares.


e) Calquera que sexa a entidade local que realice as contratacións, deberá solicitar as persoas demandantes non ocupadas, necesariamente mediante a presentación da oferta específica do programa de contratación de beneficiarios/as Risga, nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia. Excepcionalmente, mediante a autorización expresa da respectiva xefatura territorial, e logo da acreditación da condición de persoa beneficiaria da Risga por parte da entidade solicitante, poderán utilizarse ofertas especiais con vinculación nominal.


f) Efectuada a selección dos traballadores e traballadoras, a entidade beneficiaria procederá á súa contratación utilizando necesariamente a modalidade de contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social.


É dicir, en breve comezará a selección e contratación de persoas. Así que se coñecen a alguén que estea a percibir unha RISGA en Narón, fáganlle chegar esta información. O fundamental é que se non está inscrito como demandantes no Servicio Público de Emprego. Segundo a súa páxina web, a oficina correspondente a Narón é a Oficina de Emprego de Esteiro, en Avenida de Vigo, 137, Ferrol [ver mapa].
Ainda así, agardamos que, tal e como se indica no punto (c) citado arriba, que en virtude dos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, as administracións teñan a ben anunciar esta cuestión de forma convinte.


A Xunta de Galicia concedeu 3.000€ de subvención para o Oenach Atlántico como festa de interese turístico de Galicia. Aparece reflexado na RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 17 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. Lembramos que o Concello xa consignara unha partida orzamentaria de 18.000€ para a celebración deste evento.


En canto a sanidade, atopamos no Diario Oficial de Galicia (DOG) este ANUNCIO do 6 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución LD-02/2016 da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de xefe/a da Unidade de Atención Primaria de Narón.. O interesante deste caso é que a provisión deste posto se fará por libre designación, esixíndose como únicos requisitos "posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Narón, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde".
Isto quere dicir que non só se terán en conta os méritos profesionais das persoas que concorran, senón que entran en xogo máis criterios subxectivos. En referencia a isto, en xuño de 2011 se pronunciaba a
Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública (http://bit.ly/2a90WjY):

Politización de la gestión
El sistema está sometido a una fuerte politización que hace que los cargos de gestión y directivos sean de libre designación y decididos básicamente por afinidad política y/o personal. Se produce por lo tanto con frecuencia el acceso a cargos de gestión de personas sin o con baja cualificación. Este proceso favorece la búsqueda del apoyo político y no del buen funcionamiento de los centros y potencia el gerencialismo y la falta de participación profesional. Hay además una tendencia a imponer este sistema de nombramientos por afinidad a toda la cadena (en enfermería es prácticamente la norma y cada vez más frecuente en los cargos médicos). El resultado de este proceso es la desconfianza, la desmotivación y la falta de colaboración de un sector mayoritario de los profesionales

Por desgraza, a definición do termo "libre designación" é tan laxa na lexislación, que permite un do mesmo abuso no sentido citado. Algo que explican moi ben, aparte de propoñer solucións -e ata un guiño burlón- o artigo deLaJusticia.com - "Otro talón de Aquiles: la libre designación".


Outra subvención, aínda que en materia medioambiental é a que ofrece a Xunta de Galicia na ORDE do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2016 e 2017, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) Agricultores/as e titulares de terreos forestais privados, entendendo por titular tanto persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias, preferiblemente residentes en zonas rurais, ou xestores de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na Rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000 ou doutras áreas de alto valor natural.

b) Os concellos incluídos na Rede Natura 2000 na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.

c) As asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.

Por certo, aproveitamos para lembrar que o Concello de Narón ten elementos incluídos na Rede Natura 2000, como o entorno dos ríos Xubia - Castro e a Costa Ártabra.

A contía máxima por cada proxecto presentado -e so pode presentarse un por cada concorrente á subvención- é de 20.000€, podendo subvencionarse o 100% do custo do mesmo coa subvención. Hai de prazo para presentar as solicitudes ata o vindeiro 8 de agosto.


Tamén esta semana se publicaba o Anuncio del Ayuntamiento de Narón por el que se convoca la licitación del servicio de mantenimiento, conservación y reparación de las áreas de juegos infantiles y biosaludables, cun prezo total estimado de 200.000€, e ao que se poden presentar ofertas e solicitudes de participación ata o 1 de agosto.
Tras botar unha ollada ao prego administrativo, atopamos unhas cantas cuestións que consideramos de interese:
  • O contrato non parece incluir cláusulas sociais de ningún tipo. A puntuación da oferta distribúese do seguinte xeito: oferta económica (35 ptos), melloras (20 ptos) e criterios non avaliables automáticamente (45 ptos). Noutros casos que xa analizamos dábase puntuación por contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión. Segue a ser unha asignatura pendente deste Concello de Narón.
    Ainda así, atopamos que a subcontratación está limitada a un 20% do custo total do servizo, algo de agradecer, e que limita a posibilidade de precarización e que os cartos queden en mans de intermediarios.
  • Certos "criterios non avaliables automáticamente" poden parecer, senón abusivos, si de aproveitados. Concretamente o 1.2 (Ficha descriptiva de zonas de xogo e biosaludable) ao que corresponden ata 25 ptos, e o 1.3 (Información de adecuación á normativa) ao que corresponden ata 4 ptos. ¿Por qué nos parecen abusivos? No caso da ficha descriptiva están a demandar unha información tan exhaustiva e detallada sobre as zonas de xogo, con fotografías aéreas, inventario de elementos, etc ...), que parece que o Concello estivese tentando aproveitarse, e en lugar de encargar este servizo ou facer él mesmo este traballo, tentase conseguir toda esa información mediante o concurso sen ter que pagar un peso por ela. No caso da información sobre adecuación á normativa, estarían a aforrarse unha auditoría nese aspecto. O lóxico sería demandar esa información á empresa que conseguise gañar o concurso, e non solicitarllo a todas, axitando como cebo unha boa cantidade de puntos que podería ser decisiva á hora de decidir o resultado da licitación.


Anunciaban esa semana tamén que La burocracia retrasa aún mas la entrada en servicio del saneamiento. Polo que parece, a parte finalizada dos interceptores que podería estar enviando auga á depuradora, non comezará a funcionar ata -como moi pronto- o mes de agosto. Mentres tanto  Las obras avanzan en los tramos pendientes del río Inxerto y O Cadaval-Neda, para rematar uns interceptores cuxo custo -como xa dicíamos no anterior artigo- se cargará en Narón só sobre o lombo dos usuarios do saneamento. Curioso, tratándose dunha obra de interese xeral, ¿non? ¿Cómo se pode xustificar que as persoas enganchadas actualmente teñan que pagar esa obra a partires de outubro, e que aqueles que se conecten dentro de 10 anos, e que se beneficiarán tamén da mesma, non o farán ata entón? Algo que resulta máis curioso cando se pensa en servizos como o de recollida de lixo, ao que teñen que aportar tódolos propietarios dunha vivenda ou local, ocupada ou non, que estea no termo municipal.
¿Cómo o solucionariamos nos? Asignando unha partida nos orzamentos destinada a pagar esa obra. En caso de ser preciso recadar algo máis, bastaría con buscar a forma de facelo naqueles tributos onde se poda establecer un criterio de progresividade en función do poder adquisitivo do tributante.  Unha forma de facelo podería ser aplicar ao IBI fórmulas como as empregadas nos concellos de Zaragoza ou Barcelona, onde se definiron tipos de gravame distintos dependendo do uso do inmoble, e incluso unha penalización no caso dos inmobles de luxo.


Ferrol parece que anda a voltas coa revisión do seu PXOM (La revisión del PXOM recoge la eterna previsión de dos áreas industriales). A noticia non é que en Narón tamén andemos con él a voltas -lamentablmente, xa que deberiamos-, senón que se está aproveitando o movemento de Ferrol para tratar o tema que describe o seguinte titular: El nuevo planeamiento se consensuará con Narón con la idea de ciudad lineal. Se ben, quen nos le apreciará que a nova en cuestión non da moitos detalles, nos estivemos a buscar qué significa iso da "cidade lineal", e demos co proxecto que deu nome a este termo, e que foi a Ciudad Lineal de Arturo Soria. A verdade é que o plantexamento orixinal é moi interesante, pero dista moito da situación actual da Estrada de Castela, que non conta con arbolado entre esta vía e as vivendas que sirva como illamento acústico. E menos se incluímos "enxendros" urbanísticos como as torres de Freixeiro.
Por certo, ¿sabe alguén algo sobre o PXOM de Narón? O último que sabemos é que en xaneiro, despóis de Convocada en Narón la Comisión de Seguimiento del PXOM a petición del PP , dende o Concello anunciaban que Narón no presentará el PXOM hasta que la Xunta apruebe la nueva Lei do Solo. E segundo anunciaba a Xunta de Galicia, A nova Lei do solo entrará en vigor o próximo 19 de marzo co obxectivo de facilitar e axilizar a redacción do planeamento urbanístico aos concellos galegos, referíndose ao 19 de marzo de 2016. Polo tanto, parece que Narón vai con retraso neste tema. E non só iso: todavía non presentou as liñas básicas á cidadanía, para escoitar o seu punto de vista. Tal e como está a funcionar a participación cidadá, consideramos improbable que o fagan, pero aínda así non queremos deixar de sinalar cal sería o camiño adecuado para levar a cabo esta tarefa do xeito máis beneficioso para todo o mundo, e non so para potenciais constructores ou grandes propietarios.

 
A concellería de Promoción Económica -a cargo de Pablo Villamar- anunciou a bombo e platillo que El Club Narón Gastronómico estrena web y 19 locales participan en la Ruta Horta. Por certo, temos que avisar que a dirección da web é http://clubnarongastronomico.naron.gal/, xa que na anterior noticia amosaban unha dirección incorrecta.
Parécenos estupendo que se axude a potenciar un sector económico dándolle máis medios. Ademáis, segundo datos do IGE de marzo de 2016, o 72% das persoas que traballan en Narón pertencen ao sector servizos, así que se estaría axudando ao sector maioritario.
Sen embargo, tamén vemos un lado negativo: a pena é que non se potencien sectores productivos -que é do que andamos escasos dende o afundimento do naval-, xa que este sector vive a expensas do turismo, e de quen teña capacidade económica para invertir en ocio. Por outra banda, é un dos sectores que acumula maior precariedade laboral, algo que delatan titulares como CC.OO. denuncia que más de 16.000 trabajadores de la hostelería en Galicia trabajan sin convenio colectivo. E cremos que esta cuestión non será abordada dende a administración local.
Aparte de cuestións económicas, atopamos curioso a cantidade de medios cos que se está a dotar a esta área, cando outras como a de participación cidadá se atopa case "cunha man diante e outra detrás". Algo que sona máis desafinado se pensamos que este clube gastronómico podería plantexarse como un Consello Sectorial de Hostelaría dentro da estructura de participación cidadá que admite o actual regulamento. E que se beneficiaría da "apertura" obrigada vinculada a estes consellos, como un regulamento público, reunións periódicas con asistencia de membros de cada grupo político do concello, actas públicas, etc, etc, etc ... 
 
Por certo, falando de participación cidadá:  lembramos que en agosto deberían realizarse de novo as reunións dos Consellos Territoriais, xa que segundo o Regulamento de Participación Cidadá, a periodicidade destas é semestral, e tal como informábamos no noso artigo "Consellos Territoriais de Participación Cidadá 2016 (I) - Calendario e plantexamento", estas tiveron lugar en febreiro. Ainda así, e considerando agosto inhabil para a administración pública, darémonos cun canto nos dentes se comezan en setembro. 
 
 
Para finalizar a rolda de Narón, queremos mencionar un par de fotos-denuncia publicadas pola páxina de Facebook "Sedes Informa", sobre o estado de limpeza das beiras das estradas, e a altura que están a alcanzar as herbas: 

Varios

Queremos comezar esta sección cunha nova que atopamos en materia de transparencia. Ao parecer, resulta que Los nombres de directivos que se reúnan con altos cargos no están cubiertos por protección de datos. ¿Qué significa isto? Tal e como explica a noticia, a Lei de Transparencia obriga a que se dea a coñecer o nome das persoas que se reunan con cargos públicos, tanto da parte pública, como da parte privada. E a propia Agencia Estatal de Protección de Datos deulles a razón.
De tódolos xeitos, hai certos límites: deben ter como mínimo nivel de subdirector general, subdelegado do goberno provincial, directores de axencias estatais, entes e outros organismos públicos. Outros límites son que non se dará publicidade activa desta información, senón que se poderá conseguir baixo petición. Outra limitación -na que por certo se están a escudar organismos públicos- é que so se ofrecerá a información que sexa almacenada: e polo visto, parece que nas axendas dos entes públicos non se está a meter a información con nomes e apelidos.
Por un lado, consideramos interesante que a xente saiba que, tratándose da administración pública, existe o dereito a fiscalizar a súa actividade. Polo outro, tamén é interesante saber que queda moito que andar para conseguir un nivel de transparencia que permita esta labor de fiscalización. ¿Imaxínanse poder coñecer a ese detalle a axenda da alcaldía e concellerías? Sería estupendo para entender como funciona e con quén se relaciona a administración local de xeito pormenorizado.



Ler máis »

sábado, 9 de xullo de 2016

Análise da semana do 27 de xuño ao 3 de xullo: o pleno, e máis cousas


Narón

Pleno

Evidentemente, o asunto estrela desta semana é o pleno que tivo lugar o xoves 30 de xuño, e xa en horario de verán -10:00h-. Sobre deste asunto, Ferrol360 publica na noticia Narón aproba, de xeito inicial, o Regulamento de cesión de uso de locais e dependencias municipais o contido da nota de prensa enviada polo Concello, mentres que en Galicia Ártabra fan unha análise un pouco máis detallada na noticia Pleno de Narón. Nueva tasa, no a la ayuda a iglesias Sedes y regulamiento de locales municipales Antes de nada, temos que aclarar que erramos en pensar que EU presentaría a moción sobre os desafiuzamentos neste pleno. No seu lugar, e polo que parece, presentaron co PSdeG-PSOE unha moción relativa ao proxecto experimental de escola rural en Sedes que tal e como comentan as citadas noticias, foi aprobado.


Foto: Galícia Ártabra

Así pois, tras a lectura do acontecido, vemos que a cuestión fundamental neste pleno -e sen dúbida a que terá maior incidencia sobre a xente de Narón e os seus petos- é a correspondente aos puntos 3 e 6 da orde do día nos que, respectivamente, se falaba do compromiso de Narón en relación cos custos de explotación dos interceptores xerais do saneamento, e a incidencia destes compromisos económicos nas taxas de auga e saneamento reguladas na ordenanza nº 8. Para quen non estea ao tanto, a cuestión ten que ver co Convenio para la ejecución y explotación de la obra del interceptor general de la margen derecha de la ría de Ferrol: Tramo Cadaval-Neda" asinado entre ACUAES, a Xunta e o Concello de Narón o 26 de marzo de 2015. Este convenio acordaba as normas para o financiamento e construcción dos citados interceptores, e a súa explotación. De xeito resumido, a Narón tocáballe poñer sobre 1,5M€ para a obra dun total de 7,3M€. Quitando 4,2M€ aportados polos fondos FEDER europeos, e 0,84M€ da Xunta, o resto tería que devolvelo Narón ao longo de 45 anos, xunto cos custos de explotación da citada infraestructura. E aínda se está á espera de saber se a parte que será executada este ano será financiada por unha prórroga solicitada aos FEDER, ou terá que ir tamén por conta de Narón.
A cuestión non foi aprobada sen máis, senón que foi levada a un Pleno Extraordinario que tivo lugar o 13 de febreiro de 2015, na que foi aprobada polos votos a favor de TEGA, PP e CxG, abstención de PSdeG-PSOE e en contra do BNG. Os argumentos esgrimidos por este último partido eran que, sendo unha infraestructura de interese estatal, non debería correr por conta do Concello, senón do Estado. Como nota divertida a todo este proceso, convidamos a quen nos lea a botar unha ollada á noticia Narón rechaza las condiciones de financiación del saneamiento de la ría, onde o Concello amosa unha postura mediáticamente combativa respecto a un convenio que finalmente remata acatando. Un "moito ruido e poucas noces" sobre a sempre recurrida defensa dos intereses da xente de Narón no que polo menos o BNG se mantén coherente (El BNG de Narón reitera que tenía razón al votar en contra del convenio de saneamiento).
Pois ben, a cuestión presentada a Pleno era cómo satisfacer para este ano a débeda con ACUAES. E o que se aprobou ven resumido nas noticias A taxa de depuración por un recibo doméstico de ata 30 metros cúbicos de cota de consumo terá un custe de 76,29 euros ao ano, e Narón comenzará a aplicar la tasa de saneamiento a partir de octubre. Sobre os prezos, cada persoa terá que facer as súas contas, pero a suba resulta máis que notable. Respecto á forma de cargarlle este morto á cidadanía, queremos facer varias apreciacións:
  • Segundo as novas, o alcalde tivo a cara de dicir «Trátase dun custe que sabiamos que había que asumir». Cremos que debería ir co seu equipo de goberno a explicar polos barrios esta cuestión, para escoitar de primeira man canta previsión tiña a veciñanza sobre este gasto. Pero non terán o valor de facelo.
    Por outra banda, e contando con esa previsión, tampouco sacaron partido das convocatorias dos Consellos Territoriais de participación cidadá para expoñer a cuestión coa fin de que a cidadanía expresase a súa opinión respecto á forma de recadar os cartos para saldar a débeda contraída coa sinatura do convenio.
  • Respecto á forma de recadar eses cartos:
    • ¿Por qué fixan o mínimo en 30 metros cúbicos? ¿Qué porcentaxe de usuarios supera esa cantidade? Sería preciso comprobalo para ver se o listón está moi alto, e resulta que quen menos consume se ve gravado excesivamente. Polo menos, en cuestión de consumo de auga, ENE xa fixo públicas as súas reservas sobre os prezos da auga en tales situacións. Para poder sabelo, sería necesario que se publicase nun lugar como o Portal de Transparencia un informe anual de COSMA que dese información sobre estas cuestións, algo que actualmente non existe, ou non demos atopado.
    • “A maior tramo de consumo, maior será tamén o importe da citada taxa, como corresponde”, indicaba tamén o alcalde. Pero descoñecemos se se refire á parte da taxa correspondente ao pago da obra, á que corresponde ao seu mantemento, ou ás dúas. Dado que a obra é algo común a tódolos usuarios, a cota a aportar pola súa construcción debería ser a mesma en tódolos casos. Sendo así, e dado que a obra beneficiará a usuarios actuais e futuros, debería correr por conta das arcas municipáis, e non por conta das aportacións na factura dos usuarios actuáis. ¿Terán eles más dereitos sobre a obra que os futuros usuarios? ¿Haberá vantaxes para os usuarios que paguen durante 45 anos, sobre os que paguen durante 20? 
Realmente, o que debería ter sido é que, como obra de interese estatal, fose financiada polos presupostos xerais do Estado. Respecto a isto, tamén podemos facer outra reseña "divertida": segundo a nova de Galicia Ártabra que referiamos arriba, "El portavoz de los populares, López Balado, señaló en el pleno que no estaba de acuerdo con la propuesta del grupo de gobierno porque supone cargar directamente todos los gastos a los vecinos sin que el ayuntamiento ponga ni un solo euro, para ejecutar una obra que tampoco está haciendo el gobierno local". A verdade é que nos costa conxugar estas declaracións, co feito de que fose o Partido Popular -tanto dende o Concello coma dende as administracións autonómica e estatal- quenes impulsaron a sinatura do Convenio que é o motivo polo que a cidadanía de Narón ten que cargar con este custo.

Para finalizar este punto, faremos mención á Posición de EU Narón sobre a taxa da auga e o saneamento que publicaron despóis do Pleno. Respecto a ésta, queremos pararnos na seguinte afirmación: “EU Narón vaise abster neste punto por responsabilidade, porque sabemos que cando se da un servizo este ten un custo, e non tivemos nin tempo nin medios para facer un estudo de ata que punto estes custos están xustificados". Cremos que é necesario invocar á responsabilidade cando o voto é decisivo sobre unha cuestión. E sabendo o resultado que ven da Xunta de Portavoces -que descoñecemos, pero cremos que viría co respaldo do tripartito ao completo- un podería votar en contra coa conciencia tranquila. Máxime, sabendo que non é unha cuestión urxente, xa que ata Outubro non entraría en vigor.

Por certo, segundo o anuncio no BOP, o acordo de modificación da ordenanza nº 8 estará exposto no Concello durante 30 días -ata o 5 de agosto- para quen quixese presentar reclamacións ao respecto.


Cambiando de punto, imos á moción presentada polo PP, que no seu título so facía mención a condenar os ataques ás igrexas de Sedes, pero que traía algo máis de cola. Tanto é así, que titulares como La izquierda naronesa rechaza una moción del PP sobre los ataques a iglesias de Sedes poderían levar a un a engano se non se le o contido da noticia. Isto débese a que a moción realmente demandaba «condenar los hechos ocurridos en Sedes, instar al concello a promover los valores incluidos en la Constitución Española de cara a la libertad de culto, y dotar una partida presupuestaria para contribuir en caso de ser necesario a reparar los daños». Se ben os dous primeiros termos son asumibles sen apenas disertación, o terceiro non o é, xa que se trata de bens privados pertencentes á Igrexa. E xa que falamos da Constitución, sería preciso facer mención ó seu artigo 16.3, no que declara ao Estado como aconfesional. E o citado punto excede as relacións de cooperación que se mencionan no mesmo. De feito, de ser aprobado algo así, calquera persoa ou colectivo que sufrisen un ataque vandálico ou un incendio sentiríanse con dereito a reclamar un trato semellante.
Máis ou menos nesta liña vai a noticia EU Narón contesta a Moción do PP de Narón sobre os actos de vandalismo contra dúas igrexas en Sedes, na que ademáis fan referencia a unha abordaxe desta cuestión na que parece que se pretenda obter beneficio político. Sorprende ver cómo ENE se abstén en cuestións deste tipo, xa que non se trata dun tema tanto ideolóxico, como de ecuanimidade. ¿Cuestión de estratexia, para evitar ser sinalado por uns ou outros?


E deixamos para o final o primeiro punto, ou mellor dito, a visión do Pleno do PSdeG-PSOE: Narón da luz verde ao regulamento de cesión de uso de locais e dependencias municipais é un artigo publicado na súa páxina web no que se fai un resume do pleno. E sempre resulta de agradecer que os partidos dean máis información que a contida nas notas de prensa oficiais.
  • Respecto á cuestión do regulamento, reprochan a ENE que  “pretenda dicirlle aos técnicos como redactar os regulamentos” e lembra que os grupos deben centrarse en aportar ideas que melloren o documento e non na súa redacción. En todo caso, incidiu a edil, “os que terían que opinar serían os representantes das asociacións, que son a quen lle vai influír”. Neste punto -e correndo o risco de opinar sen coñecer a intervención completa de ENE- temos que discrepar: os representantes municipais teñen todo o dereito a dar a súa opinión, incluíndo o resultado do traballo dos técnicos. Dubidamos moito que as "regras" aludidas estean contidas na lexislación que regula a actividade dos concelleiros.  Por desgraza, parece que a base de repetición se pretende facer que a xente rexeite criticar o traballo dos funcionarios. Funcionarios que, como calquera ser humano, non é perfecto, pode equivocarse, e probablemente dentro dun ano saiba facer mellor o seu traballo que agora, e grazas a todo tipo de aportacións que poda recibir ao respecto.
    Sobre o documento, a nosa queixa non será formal, senón conceptual: exite un borrador que hai uns anos foi elaborado no seno dos Consellos de participación cidadá. Pero parece que este modelo de participación, en lugar de respectar as aportacións da cidadanía, se dedica a desbotalas sistemáticamente. Se logo se preguntan por qué a xente non asiste aos Consellos Territoriais, ou non aporta aos borradores que fan os técnicos, aquí poden ter un motivo.
    Por certo, unha cousa máis: o regulamento afectará non so ás asociacións, senón tamén á cidadanía en xeral. Sen embargo non se lles está a dar unha canle para opinar ao respecto, porque todavía non teñen voz nin voto en materia de participación, se non é a través dunha entidade asociativa.
  • En canto ao pago da débeda establecida coa construcción dos interceptores, parece que o mantra que repiten quenes votaron a favor é o de "hai que pagar a obra". Evidentemente: pero ten tanta importancia o xeito do que se paga a débeda. Máis arriba explicámolo con máis detalle, pero o fundamental é que non debería cargarse o custo so aos usuarios do saneamento, pois é unha obra que beneficia a todo o Concello. Máis aínda: recoñecendo que se trata dunha obra que debería pagar o Estado por ser de "interese xeral", o abono dende o Concello debería seguir o mesmo modelo: facelo dende os orzamentos, e non cargando sobre os consumidores.

Varios

O alcalde e edís da corporación recibiron no concello á nova directiva da AVV do Couto. Segundo a nova, na reunión abordaron "varios asuntos de interese da citada parroquia naronesa". Curiosamente, e sendo de interese para a veciñanza do Couto, nin se cita cales, nin a qué conclusións se chegaron. Por desgraza, trátase da dinámica habitual.


ENE informa nun artigo que andamos A voltas co contrato eléctrico tamén en Narón. Para quenes non estean ao tanto do tema -sería ben raro, xa que é un tema candente no veciño Concello de Ferrol-, poden botar unha ollada a esta Intervención da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización no pleno de Ferrol pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados - Vídeo e Texto, onde se pode ver cómo unha plataforma cidadá, advertida de que o contrato eléctrico pendente de asinar e que fora redactado polo anterior goberno é ilegal, está a mobilizarse para conseguir que o actual goberno non o asine.
Pois ben, parece que en Narón tamén está a haber presións das eléctricas para asinar un contrato de suministro e mantemento unificado, cando no caso de Ferrol se indica que é unha das irregularidades. Tamén se comenta que se estaba plantexando mancomunar este servizo.
Respecto ao resto do artigo, está bastante difuso, xa que enlaza con unha cuestión posta de manifesto no Pleno do 28 de abril de 2016, no que se abordou a cuestión do "recoñecemento extraxudicial de créditos". Un tema que explica moi ben o artigo Pagos extrajudiciales, ¿y eso qué es?, e que supón resumidamente, aceptar facturas correspondentes ao período anterior que non tiñan crédito asignado no orzamento sen ter que chegar aos xulgados. Pero non so iso: a situación viña "complicada" porque había un informe de Intervención (PRE10I02Y do 18/04/2016) en contra de certas prácticas relacionadas con tales facturas. Por desgraza, tampouco atopamos este informe de Intervención no portal de transparencia, e lamentamos que non haxa ningún grupo político que estea a demandar a publicación desta información nel. Tampouco descartamos solicitalo, xa que a pouco que buscamos, atopamos casos de administracións que non teñen reparo algún en publicar tales informes, como é o caso do Concello de Pozuelo de Alarcón. Unha mostra máis da indixencia en materia de transparencia na que vivimos en Narón.


E a seguinte non se trata dunha noticia de Narón, pero sí está directamente relacionada co noso concello. Resulta que en Madrid, Carmena baja el IBI entre un 20% y un 40% en 22 barrios del sur de Madrid. Non se equivoquen: non se trata de facer apoloxía da alcaldesa de Madrid, senón de facer un sinxelo paralelismo entre ese concello e o noso respecto ao sempre controvertido tema do IBI:

MadridNarón
A raíz dun estudo realizado entre o Concello de Madrid en colaboración con Catastro, conclúen que en Madrid os valores catastrais rondan -de media- o 55% do prezo de mercado.

Actualmente, considéranse como "normais" os valores catastrais que rondan o 50% do valor de mercado.
No pleno de 30 de abril de 2015 o Concello de Narón aproba solicitar a Facenda a rebaixa dos valores catastrais urbáns. Tras varios meses de silencio, un artigo pola nosa parte (Analizamos o misterio do IBI en Narón, no que indicamos entre outras cousas unha caída dos prezos do mercado de máis dun 30% dende 2008), e indagacións por parte dos grupos da oposición, sae á luz que a petición fora "traspapelada". Despóis de posteriores contactos de ENE con Catastro, e numerosas insinuacións ao goberno municipal sobre que Facenda non era a porta á que había que chamar, chegan novas dunha reunión entre Catastro e o Concello de Narón. Desta reunión, se informa que os valores catastráis de Narón rondan -de media- o 56% do valor de mercado.
O Concello de Madrid en colaboración con Catastro decide realizar unha ponencia de valores parcial nos barrios onde se detectaron maiores variacións con respecto á valoración realizada en 2012, aplicando reduccións de entre o 20% e o 40%.Na citada reunión con Catastro, e segundo a versión do goberno municipal (tal e como se recolle nas noticias La Dirección Xeral do Catastro propondrá bajar el valor de los inmuebles de Narón en el 2017, e O Concello de Narón anuncia una próxima rebaixa do valor catastral dos inmobles, e na acta do Pleno de 28 de abril de 2016), é Catastro quen lles ofrece a aplicación dun coeficiente reductor de 0,92 (un 8%) para tódolos bens inmobles, e comentan que non lles recomenda unha nova ponencia de valores, según lles comenta Catastro, os valores entre o 40% e o 60% do prezo de mercado son "normais".

¿Non lle resulta a ninguén extraña a comparación? Narón tiña unha ponencia de valores aprobada en tempos máis próximos ao estoupido da burbulla inmobiliaria que Madrid (2008 vs 2012), e o mercado inmobiliario non deixou de caer dende entón. É certo que non se pode comparar os prezos de vivenda nun e noutro concello, pero porcentualmente, en Narón tiveron que experimentarse caídas, non só semellantes, senón maiores, no prezo de mercado, e dependentes do tipo de inmoble e a súa ubicación. ¿Como é que so corresponde unha baixada do 8% por "consello" de Catastro?
Sospeitamos que a decisión de Catastro non se fixo en base as súas propias conclusións sobre os prezos de mercado, senón tamén ás directrices marcadas polo Concello de Narón, e para evitar unha caída nos seus ingresos derivados deste tributo. Desgrazadamente, temos que deixalo en mera suposición, xa que non imos ter acceso a informe ningún que nos sirva para corroboralo, nin por parte do Concello de Narón, nin de Catastro. Bendita transparencia ...

Outra nova que tampouco é de Narón, pero que pode ser de interese no noso concello é a Moción sobre a Sanidade Pública no Concello de Oleiros, e que podería servirlle de modelo a algún dos grupos políticos do Concello. Nela se demanda o rexeite do peche de camas nos hospitais, o bloqueo das axendas dos centros de saúde en verán (ver Usuarios de los centros de salud denuncian "bloqueos" de citas por falta de personal), e a derogación da modificación do Artigo 135 da Constitución coa fin de antepoñer a saúde das persoas a excusas de tipo económico. 


Por outra banda, seguen os problemas para os Afectados pola Cooperativa de Pedroso, que están a reclamar ao seu administrador concursal as contas de 2015, sen éxito. Mentres dure o problema, nos seguiremos a facer difusión del.

 

E ainda que temos que lamentar que A Comisión Europea prorroga ‘in extremis’ o glifosato por só 18 meses, polo menos temos o pequeno consolo de que se prohibiu o seu uso en parques públicos, zonas de xogo infantil e xardíns. Algo que deberían anotar no Concello, xa que hai uns meses fomos testemuñas do uso de herbicidas nun parque da zona do Alto, e sabendo que é dos máis usados, hai grandes probabilidades de que fose Glifosato. Por certo, tamén deberían tomar nota que hai concellos -como o de Ponteareas- que se declararon "libres de Glifosato", e que se poden ver neste mapa. Para aqueles grupos políticos interesados, neste artigo da Asociación Galega de Apicultura poderán encontrar un modelo de moción a presentar: A plataforma Fumigacións Non lanza a campaña: #LibresdeGlifosato. Chuvia de mocións para paralizar o uso de Glifosato en espazos públicos. O malo é que esta moción só atinxe ao uso destes productos en espazos públicos, e por desgraza o seu uso agrícola tamén pode derivar na súa filtración cara os acuíferos, para pasar a acumularse nos organismos vivos que o inxiran.


Ferrolterra

Aparte do xa citado na sección de Narón, seguen en Ferrol os avances en materia de remunicipalización. Parece que o impulso cidadán está a conseguir sensibilizar ao goberno deste concello, xa que nesta noticia o seu alcalde Jorge Suárez asegura que non renuncia á remunicipalización do ciclo da auga. E todo grazas a bos argumentos como os que se atopan en artigos como Ferrol cara a remunicipalización, ... Por Alexandre Carrodeguas, un dos membros dunha Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol que está a facer unha estupenda labor. E isto é o que máis nos gusta: o poder cidadán!


En canto á novela negra que protagoniza Reganosa na Ría de Ferrol, temos un novo episodio. Neste caso, e debido á entrada dun gaseiro posterior á ilegalización da planta polo Tribunal Supremo, Declara nos Xulgados de Ferrol o director xeral de Reganosa por unha denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia


Cousas que nos parecen interesantes, xa que supoñen a explotación e posta en valor do patrimonio da Comarca, que é moito, e moi desaproveitado: Rutas geológicas por las minas de Moeche en julio y agosto, e a repetición das Rutas turísticas en barco por la ría de Ares los fines de semana de verano


E rematamos no Concello de Mugardos, no que levan 15 días encerrados os empregados do GES, que viven na indefinición sobre a continuidade do servizo. Para chamar a atención sobre eses 15 días, protagonizaron esta Espectacular protesta del GES de Mugardos con descenso en rápel por la fachada del Concello. Segundo relata a noticia, síntense unha arma arroxadiza entre o actual goberno municipal -do PP en minoría- e o anterior goberno  -bipartito EU e BNG-, xa que actualmente, e por avances nesa guerra (La auditoría a las cuentas del bipartito mugardés saca a la luz más de media docena de «dedazos») atópanse nun abandono absoluto.  O máis importante e que, dende o seu punto de vista, cren que existe unha alternativa real que permita que o servizo sexa rendible, e permita pagar a débeda acumulada de 120.000€, cobrando as saídas que realizaban, cousa que non fixeron ata o momento.
Agardamos polo seu ben, o das súas familias, e da cidadanía de Mugardos, atenazada máis que de sobra pola ameaza de Reganosa e a Forestal do Atlántico.


Continuamos a semana que ven!
Ler máis »