¿Quén somos?



Narón Aberto nace coa intención de ser unha publicación obxectiva que poña a disposición dos cidadáns ferramentas e información que permitan coñecer a situación real do Concello de Narón e a actividade politica no mesmo. Na data de creación deste blog, tanto unha como a outra están envoltas nas tebras que se encargan de tecer tanto os grupos políticos do Concello coma gran parte da prensa, que actúa a servizo destes confeccionando noticias "a medida" encargadas por uns ou outros.

Esta publicación non ten intención de facer campaña a favor de colores nen siglas de ningún tipo. Para nos, os partidos non deberían ser máis que meros instrumentos cun único obxectivo: administrar os recursos municipais para cubrir as demandas dos cidadáns. Por ese motivo, rexeitamos o uso do verbo "gobernar" referido á cidadanía: consideramos que calquera cidadán ten suficientes facultades para non precisar que ninguén o goberne. Por outra banda, polo complexo da tarefa, a cidadanía sí precisa de xente que se encargue de administrar os recursos e servizos municipais para mellorar a súa calidade de vida, atendendo as demandas que partan deles mesmos.

Por desgraza, no tempo en que se escriben estas liñas, moitos dos cidadáns de Narón non son conscientes da súa capacidade, mentres que os profesionais da política persisten en atar unha venda ó redor dos seus ollos para mentres, sacar proveito da súa posición, dar tratos de favor, manter conductas clientelares, e outras varias falcatruadas.

Co contido que vaiamos publicando, pretenderemos que esa venda caia, e que o cidadán, consciente de que non é un ser gobernable, senón o arquitecto do seu entorno, tome de novo as riendas da vida municipal.

Todo o traballo publicado será fruto dunha labor altruista e independente de lectura e investigación, feita as máis das veces, por cidadáns non expertos nas materias, ainda que sí interesados en abrir a vía que aquí se expón. Serán de agradecer todo tipo de colaboracións e críticas constructivas sobre calquera das publicacións.

Se compartes esta visión da política municipal con nos, e queres aportar o froito do teu traballo para que permaneza dispoñible para toda a cidadanía de Narón, podes contactar con nos nesta dirección de correo electrónico:


Un saúdo

O equipo de Narón Aberto

Ningún comentario:

Publicar un comentario